|
::
Dios ke te Crew
Xénese
1.
Nun principio creou Deus a música e o baile.
2.
Agora ben, resultaba que a música se atopaba sen forma
e deserta e había escuridade sobre a superficie da
profundidade das ondas; e a forza activa do baile movíase
dun lado a outro sobre a superficie das rúas.
3.Deus
otorgoulle a un discípulo seu o poder de mixturar os
ritmos e os sons cas súas mans.
4.
Entón, Deus entregoulle ó seu discípulo
a Santísima Mesa, os Santos Platos e os Divinos Samples,
e pasou a chamarlle San Dj.
5.
E Deus procedeu a dicir: "Chegue a haber Hip Hop".
Entón, chegou a haber Hip Hop.
6.
Despois diso, Deus viu que o Hip Hop era bó, e efectuou
Deus unha división dentro do Hip Hop.
7.
Deus comezou a chamar á música Rap, pero ó
baile chamouno Break. E chegou a haber Graffiti e chegou a
haber Beat Box, un día primeiro.
8.
E Deus pasou a dicir: "Chegue a haber unha expansión";
e houbo unha expansión. Dende o subterráneo
ata a superficie, comezando polas cidades e chegando a tódolos
rincóns da terra.
9.
Deus estaba satisfeito, pero pasado un longo tempo, a ideoloxía
do Hip Hop foi malinterpretada pola xente, facendo que un
movemento creado para unir, cumplira a función contraria
entre os seus membros: separalos entre si.
10.
O Hip Hop estaba convertíndose nunha competición,
incluso nun enfrontamento agresivo e as veces violento entre
crews e entre os seus respectivos integrantes.
11.
Isto fixo que a ira medrara en Deus dun xeito tal que o levou
a crear unha Crew no seu nome, co obxectivo de predicar a
verdadeira doctrina da súa creación.
12.
Catro foron os elexidos para formar a Crew, enviados por Deus
a un recóndito pobo perdido nunha lonxana terra chamada
nalgún tempo Gallaecia.
13.
Ó Irmán JamásPuah, ó Irmán
Sokram, ó Irmán Mou e ó Irmán
García foronselles entregados Os Santos Micros. Pisaron
chan na terra dun pobo chamado Ordes e dende alí estenderon
a palabra de Deus en forma de Rap, Graffiti, Break e Beat
Box.
14.
Nacera a "Dios Ke Te Crew".
Antes
de nada, e digan o que digan os agnósticos, ateos e
demáis infieis, hai que dicir que "Dios",
existe, e existe de verdade.
Tal
é a certeza que temos de que "Dios" existe,
que ata ten unha "Crew", e por certo, menuda crew!.
Dios ke te Crew é un colectivo de Hip Hop, nado en
Ordes, que engloba dentro de si a xente relacionada con tódalas
vertentes artísticas desta cultura: graffiteiros, pinchadiscos,
rapeiros, productores, breakers, deseñadores e demáis.
E
este ano, no Festigal, contamos pois ca presencia da vertente
Rap desta Crew, composta por dous membros destacados do coñecido
grupo de rap en galego 5talegos (Sokram e Mou) xunto cos membros
de Ghamberros, grupo máis nobel pero xa coñecido
en Galiza pola súa boa traxectoria nestes tres últimos
anos.
Da
súa música cabe destacar a compenetración
que conseguen estes catro mc´s ó articular a
palabra de "DIOS". Rimas combativas, reinvindicativas,
solidarias, reflexivas, divertidas e cargadas de estilo, sobre
unhas bases impresionantes. A labor de producción que
ven realizando Mou, tanto en 5talegos, Ghamberros e agora
na Dios ke te Crew, é realmente salientable; na súa
música conflúen tódolos estilos, dende
o jazz ata a música tradicional, dende a clásica
ata o reggae, pasando polo rock, o blues, o dance hall,o breakbeat
e facendo unha boa parada no funk.
Poderiamos
destacar deles temas como "¿Extranxeiros?",
"Apagha a tele", "Noites de festa", "Os
lobos" ou "Inxustizas", en fin, a DIOS KE TE
CREW fai o seu debut no FESTIGAL 2003 e damosvos un consello:
non perdades a oportunidade de velo seu show.
|