| ASÍ FOI O FESTIGAL 2009 (03-08-2009) Na oitava edición do Festigal os asistentes puideron desfrutar das actuacións musicais dos grupos Chamalle Xis, Os John Deeres, Som do Galpom, Dj Click Live, Descarga ao Vivo, Katembe Project e Os Tres Trebóns e Amighos, A Grande Treboada.
Ademais puidemos asistir a debates coma "A crise económica" ou "O dereito ao aborto" na Galería das Ideas, e ás xa tradicionais Galería do Software Libre, Galería das Letras coa presentación de novidades editoriais e a presenza de autores de actualidade, e a Galería da Cultura Tradicional, no seu segundo ano.
Tamén houbo café concertos, feiras, espazo de animación e como novidade desta edición, engadiuse o teatro á Galería Audiovisual, ademais do programa de curtametraxes e documentais; pero sobre todo houbo festa, moita festa.
Parabéns para todas as persoas que colaborastedes na organización e obrigado a todos os asistentes: "Grazas a tod@s!"
Se queres recordar o Festigal 09, visita a Galería de imaxes.
Ata o Festigal 2010 !
|