| O FESTIGAL proxectará obras dos festivais de Cans e Filminho (20-07-2010) Dentro do espazo CAFÉ-CONCERTO, no FESTIGAL proxectaranse as curtas premiadas no último Festival de Cans.
Ademais, poderanse ver 5 das obras que concorreron ao Fiminho, Festival de Cinema Galego e Portugués que se celebrará do 19 ao 26 de setembro en Vila Nova da Cerveira (Portugal) e Tomiño (Galiza).
Entre as premiadas en Cans destacan A NENA QUE TIÑA UNHA SOA ORELLA, de Álvaro León, Premio do xurado á mellor curta de animación, ou INSTALACIÓN, de Xosé Díaz, Premio do público á mellor curta de ficción. Poderanse ver tamén os videoclips galardoados.
Filminho presentará, entre outras, as portuguesas DEUS NÃO QUIS, de António Ferreira, e ARCA D’ÁGUA, de André Gil Mata, e a galega BERBERECHO II de Xosé Manuel Bazarra Maneiro.Todos as proxeccións serán gratis e estarán abertos ao público.
Susana Seivane, Galegoz e a banda francesa Santa Macairo Orkestar destacan na programación musical desta novena edición do Festigal. Sechu Sende, Rosa Aneiros, Marilar Aleixandre e Teresa Moure asinarán as súas últimas obras na Galería das Letras.
|