Festigal TV
 
 
Carteis dos festivais de Cans e Filminho

O FESTIGAL proxectará obras dos festivais de Cans e Filminho
   
Novas

FESTI.gAL 07 (27-06-2007)
24/25 de Xullo de 2007. Santiago.Campus Universitario Sul

Artistas Festigal 07Músicas, cultura, tendencias e diversidade.

Dous días de actividades. Máis de 30 carpas

Programación continua dende o día 24 ás 11 horas.

Entrada de balde. Aberto para todos os públicos

Concebido como unha alternativa aberta a todos os públicos, o Festigal – que se celebra en Santiago os días 24 e 25 de xullo e chega este ano á súa sexta edición- pretende ser un escaparate para a proxección e intercambio cultural a través de diferentes propostas musicais e artísticas. Nas súas cinco primeiras edicións conseguiu abrirse un oco na oferta cultural galega, cun notable éxito de asistencia propiciado pola gran afluencia de visitantes que acuden a Santiago neses días dende todos os lugares de Galiza e, cada vez en maior número, dende as máis diversas procedencias internacionais. Coincide a súa celebración co Día da Patria Galega e coas festas patronais de Santiago de Compostela.

O Festigal ven sumarse así – dende a iniciativa social- aos esforzos realizados dende distintos ámbitos institucionais para consolidar citas de referencia da nosa actividade cultural. A estrutura da programación –que se mantivo en todas as edicións- busca dar cabida ao maior número posíbel de expresións artísticas. Pretende ser un referente da cultura propia de Galiza e unha oportunidade para o intercambio e coñecemento de outras culturas nacionais.

A maiores da música, ofrece unha variada programación ao longo de corenta e oito horas na que destacan as actividades literarias e artísticas, os debates, as exposicións e as proxeccións audiovisuais. Hai espazo tamén para mostras de artesanía e asociacións ou diversión para cativos e familias.

# Enlace permanente a esta nova
By Abertal
  Colaboradores | Programación | Como chegar? | Ubicación | Guía
Novas | Ligazóns | Organización | Suxestións | Contacto | Edicións anteriores